10.1.12

Sales

O corpiño que Deus e as calorías déronme non é carne de egoblog, pero iso non quita que fale de roupa. Nou, nou, nooou (léase estilo Amy Winehouse, grazas).
A economía non está bollante, e os meus problemas de visión, factura telefónica e inconformidade cos regalos de Nadal fixéronme gastar os cartos noutras cousas, polo que realmente non vou comprar nada nestas datas de locura textil patrocinadas por Amancio Ortega. Ao que adoro e mándolle un saúdo dende a miña humilde morada.
A miña carta a Papá Nöel/Reis Magos consiste nunha presentación PDF que lle mando por email á miña nai e que logo ela manda a quen lle corresponda, porque como todo o mundo sabe, ata que ti teñas a túa propia prole, non sabes a dirección de Papá Nöel/Reis Magos.
Coma debaixo da miña árbore non había prácticamente nada do que pedín, deixo aquí o que compraría se a miña economía fora boa. E se estivese nas tendas, porque, madremía, hai cousas aí que eu non vin na miña vida! Ni nesta nin na anterior.
As fotos son literalmente o PDF, por eso o dos prezos e nombres das cousas.

El cuerpecito que Dios y las calorías me han dado no es carne de egoblog, pero esto no quita que hable de ropa. Nou, nou, noooou (léase estilo Amy Winehouse, gracias).

8.1.12

Visionaries

Todos sabemos que Oprah é moita Oprah do Señor.
Partindo dende aquí, xa podo explicar a que viña eu hoxe.
Nun dos meus blogs favoritos, por non dicir 'o meu blog favorito', The Cool Hunter, encontrei un video documental sobre Tom Ford. Amo a Tom Ford. A súa marca de roupa non é a miña marca preferida nin recurriría a el para comprar algo especial, pero é o resto o que consegui conquistarme. As gafas, os anuncios, os modelos, os actores, A Single Man (non hai nada que non me guste desta película). El. Tom Ford en si mesmo.
E despois de ver esto, morte por excitación/placer/encanto.
O video forma parte dunha serie de documentais, 'Visionaries', para o canal de Oprah, OWN (Oprah Winfrey Network), no que tamén participan Will.I.Am, Tyler Perry, James Cameron e Annie Leibovitz. Non sei se alguén máis, pero con Tom e Annie chégame por agora, graciñas.

Todos sabemos que Oprah es mucha Oprah del Señor.
Partiendo de esto, ya puedo explicar a que venía yo hoy.

3.1.12

Tea

Vos non o sabedes, pero eu o que teño é un problema co te. Froitas, herbas, sabores imposibles. O que sexa. *To pra min.
A miña marca favorita é Twinings. Non é que sexa coñecida polo que a innovación en deseño se refire, pero é que están todos bos. Bueno, menos o de lemon&ginger. Téñolle tirria ao ginger. Sabe a deterxente. Por algo os japos so o toman para quitalo sabor da boca entre proba e proba do delicioso sushi (si, estou a limpala baba en este momento). Que listos son os moi mamóns.


Vosotros no lo sabeis, pero yo tengo un problema con el té. Frutas, hierbas, sabores imposibles. Lo que sea. *To pa mi.

2.10.11

Posters (I)

Teño certo sentimento de adoración polos posters de películas e series. Compraríaos todos.
O problema é, a parte do económico, que a sociedad fixo que os xoves non marchemos nunca da casa dos pais, e se poño algo na parede da miña habitación que ocupo na casa dos meus, a miña nai dame unha patada no cu e a dormir baixo a ponte de Rande.


Tengo cierto sentimiento de adoración por los posters de películas y series. Me los compraría todos.